Hoxe é Martes 7 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP critica que o concello de Redondela “teña hoxe máis servizos privatizados ca nunca”

socorristas

Os populares acusan a PSOE, AER e BNG de incumprir o pacto de investidura no que se establecía que “non se ía privatizar ningún dos servizos que estaba prestando o concello” e que, pola contra procedeuse a privatizar tanto o servizo de socorrismo como a limpeza de praias.

Explican dende o PP que o ano pasado dúas resolución da alcaldía establecían a “contratación externa, a empresas privadas, de dous servizos que durante os mandatos de Javier Bas eran prestados polo concello”.

Respecto do servizo de vixilancia, socorrismo e salvamento, ao que se dedicarán 111.647,03€ durante tres meses (do 15 de xuño ao 15 de setembro deste 2023) durante os 8 anos de goberno popular “realizábase no propio concello un proceso de selección de persoal de Socorrismo, de xeito que este dependía e se coordinaba por persoal municipal”.

Polo que respecta á limpeza das praias, “a alcaldesa, como xa fixera o verán pasado, tamén contrata unha empresa privada por un montante de 118.727,54€, para que realice estas tarefas para manter os areais en condicións hixiénicas” cando durante o mandato popular para a limpeza das praias contratábanse persoas de Redondela demandante de emprego “algo que a alcaldesa socialista e os seus socios de esquerdas teñen eliminando, renunciando a unha competencia de especial importancia” aseguran dende o PP.

Finalmente cualifican de “engano premeditado e masivo” o acordo de investidura para que Digna Rivas accedese a alcaldía xa que “non se ten cumprido nin un so dos compromisos entre o PSOE, AER e BNG”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará