Hoxe é Sábado 5 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A praia da Punta recupera a bandeira verde tras confirmarse a recuperación da calidade da auga

793868466_978093878676213_4018336850265115336_n

A praia da Punta, en Cesantes, recuperou xa a bandeira verde despois de que as novas analíticas confirmasen que a calidade da auga volve estar dentro dos parámetros establecidos para o baño. O Concello de Redondela informou do levantamento da recomendación de non bañarse, que permanecía activa tras detectarse días atrás unha concentración de E. coli por riba dos niveis permitidos.

Os resultados das mostras de auga recollidas o pasado 2 de setembro presentan agora valores correctos, polo que queda sen efecto a restrición que afectaba ao tramo situado na parte dereita do areal, entre a Punta e o arroio.

Coa confirmación dos novos resultados, a situación queda normalizada e a praia recupera as condicións habituais para o baño. O Concello agradece a colaboración da cidadanía durante os días nos que estivo activa a restrición e fai un chamamento a seguir gozando do litoral con responsabilidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará