Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alternativa Veciñal de Pazos presenta reclamacións ao censo tras detectar irregularidades

votación

Aseguran ter detectado casos de persoas do entorno do Partido Popular censadas e que non residen no municipio polo que, para garantir a limpeza das eleccións, presentaron unha reclamación diante da Oficina do Censo.

Tras a experiencia electoral do ano 2019 cando, segundo alternativa veciñal “o PP alterou o censo electoral con numerosas altas fraudulentas que foron confirmadas por unha investigación da Fiscalía” e que se traduciron nunha vitoria do PP “quen conservou a maioría absoluta por apenas 25 votos de marxe” os representantes de Alternativa decidiron nestas datas previas aos comicios municipais levar a cabo un traballo de revisión do Padrón.

Aseguran que o Partido Popular “non ten reparos en saltarse todos os limites éticos e bordear o legal con tal de conservar o poder” volvéndose detectar empadroamentos presuntamente fraudulentos de persoas moi próximas ao PP. A modo de exemplo, explican que hai unha persoa censada nun almacén que non está habitable, nove nunha casa na que xa no 2019 a Garda Civil constatou que non residía ninguén,… así ata sumar 20 presuntas irregularidades.

Con estes datos na man, Alternativa Veciñal presentou na Oficina do Censo electoral unha reclamación dentro do prazo de revisión do Censo e agarda “que as autoridades competentes adopten as medidas precisas para garantir o respecto aos principios máis elementais dunha democracia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará