Hoxe é Martes 14 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A praza de Abastos de Redondela acolle a primeira cita do “Degusta Europa”

Degusta Europa Redondela (3)

O programa da Deputación de Pontevedra “Degusta Europa” arrancou na mañá de onte na Praza de Abastos de Redondela, na que a veciñanza e traballadores do mercado municipal acompañaron á presidenta, Carmela Silva e á alcaldesa de Redondela, Digna Rivas que gozaron de máis de 800 tapas elaboradas polo alumnado do CIFP Carlos Oroza con produtos da provincia de quilómetro cero.

Pratos como lacón prensado con grelos á feira, arroz negro con chocos de alioli, sopas de burro canso, larpeira de sobremesa e ponche de Sansón, ou queimada 4.0 que serven para conmemorar o 9 de maio, Día de Europa e poñer en valor os produtos de quilómetro cero da provincia así como dinamizar os mercados e prazas municipais para darlles un toque de innovación e vangarda gastronómica.

Esta edición está ligada á campaña de turismo da Deputación, “Orixe”, polo que o menú busca facer unha homenaxe “á cociña tradicional, a das nosas avoas e nais, que é esa cociña de produto, feita con cariño”. O menú na Praza de Abastos de Redondela foi elaborado alumnado do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, “un centro de formación profesional que é un orgullo, non só da provincia ou Galicia, senón de toda España, porque é moi referenciado e ten moitos recoñecementos”, como asegurou Carmela Silva.

Na mesma liña se expresou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que definiu ao alumnado do Carlos Oroza como “espectacular” e fixo fincapé na importancia de “dar un impulso aos mercados”. “Queriamos tamén revolucionar á xente que se achegase ata aquí con algo especial, que é degustar produtos como o noso choco da Ría, e non hai mellor espazo que esta Praza de Abastos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará