Hoxe é Martes 21 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe a Celsa Míguez Bouzón e Sofía Vilaboa Otero no marco do programa “As nosas Conquistadoras”

conquistadora

A veciña de Ventosela, Celsa Míguez e a veciña de Saxamonde Sofía Vilaboa, foron as dúas mulleres homenaxeadas esta fin de semana dentro dunha iniciativa que arrancaba co gallo do 8M e que busca homenaxear a mulleres destacadas das distintas parroquias de Redondela.

Neste caso e a proposta dos colectivos parroquias, as mulleres elixidas foron as de maior idade de cada unha das parroquias. Celsa Míguez Bouzón de 100 anos de idade e Sofía Vilaboa Otero de 96.

A primeira homenaxeada xa no pasado mes de marzo, fora a carteira da parroquia de Santo Estevo de Negros, Mercedes Portela Rodríguez, unha muller de 80 anos que cando exercía repartindo as cartas “foi case unha confidente da veciñanza”.

Ademais do acto organizado coas asociacións de veciños, entregóuselle a cada homenaxeada un ramo de flores e un retrato orixinal feito en directo pola artista Alba Fernández Troitero que quedará exposto no Centro Cultural de cada parroquia. Desta forma as mulleres quedan representadas para sempre na Casa da Cultura correspondente como homenaxe e recordo do seu traballo e a súa historia de vida.

“As Nosas Conquistadoras segue a liña da exposición Conquistadoras. Quérese deixar constancia da historia de vida e o esforzo de moitas mulleres de Redondela que, dende o seus ámbitos de vida persoais e profesionais, foron quen de ‘conquistar’ o dereito a ser elas sen necesidade de pedir o permiso deles”, afirma a alcaldesa, Digna Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará