Hoxe é Martes 21 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres detidos por violencia de xénero na fin de semana

detidos poli

Unha das detencións producíase na madrugada deste luns no Camiño da Lavandeira en Chapela mentres que as outras dúas intervencións por parte de Policía Local e Policía Nacional, tiñan lugar na rúa Ernestina Otero na madrugada do sábado.

Unha forte discusión doméstica foi o inicio dun presunto delito de violencia de xénero e violencia no ámbito familiar que na madrugada de onte acabou coa detención dun home de 42 anos de idade no Camiño da Lavandeira en Chapela. Segundo explican dende a Policía Local os feitos aconteceron logo de recibiren chamadas alertando dunha forte discusión que se iniciou nun domicilio e acabou na vía pública. O detido chegaría a facer uso dunha motocicleta para arremeter contra a súa parella e a nai desta que se interpuxo e resultou agredida. O home foi detido e trasladado a dependencias policiais.

Con todo, non foron estas as únicas actuacións por este motivo na fin de semana. Na madrugada do sábado foron detidos tamén dous varóns por violencia de xénero, dándose a circunstancia de que os dous casos se produciron na rúa Ernestina Otero no centro da vila.

A primeira das intervencións tiña lugar a 1:30 horas da madrugada do sábado. Os axentes desprazábanse a esta rúa tras seren alertados dunha riña de parella. Unha vez no lugar e tras entrevistarse coas partes e coas testemuñas procederon a detención dun home neste caso de 51 anos de idade por un presunto caso de delito de Violencia de Xénero.

Pouco despois producíase un caso semellante facéndose cargo a Policía nacional e que tamén se pechaba coa detención dun varón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará