Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xustiza rexeita a construción dun edificio a vinte metros da Praia de Arealonga

arealonga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) tombou a urbanización proxectada na primeira liña da Praia en Chapela e que fora aprobada polo pleno en xullo do 2021. O fallo anula o estudo de detalle e a modificación do PERI de Chapela que permitía a construción dun edificio “con trinta e seis vivendas e unha fachada de ata cincuenta e dous metros”. Dende o BNG, quen rexeitaran naquel momento o proxecto argumentando os prexuízos que ía ter na parroquia, amosan a súa “satisfacción pola sentenza que anula a urbanización na praia de Arealonga”.

A recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza impedindo a construción dunha urbanización a 20 metros da praia de Arealonga en Chapela, foi “valorada positivamente” dende o BNG xa que ao seu entender “presérvase así parte do borde litoral da parroquia, co que se benefician os veciños e veciñas”. De feito, a sentenza do Tribunal superior de xustiza de Galicia é resposta a un recurso contencioso administrativo presentado por un grupo de dez veciños.

O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González Campo entende que a sentenza “corrobora o argumentario que expuxemos no Pleno e que nos levou a votar en contra desta urbanización”. Afirma que o resto de grupos tanto PP, PSOE como AER “actuaron priorizando os intereses da promotora, sen ter en conta os impactos ambientais, paisaxísticos e sociais”.

A edificación tiña previsto ocupar ata 50 metros de longo por 9 de altura, dedicándose os baixos do inmoble con “marcado fin turístico de segunda vivenda”. Outro dos problemas creados ao entender do Bloque sería “o importante aumento de tráfico, nun vial como o paseo Durán Troncoso que debe ter vocación de converterse en peonil”.

O edil amosa o seu respecto ao colectivo de veciños e veciñas que “decidiron continuar pola vía do contencioso, cos custos económicos que lles supuxo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará