Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos FS xogará a play off de ascenso a Segunda División B tras vencer en Carballiño

pazos fs

Carballiño 4-10 Pazos de Borbén

Partido fundamental o disputado esta fin de semana polo Pazos de Borbén no campo do Carballiño. Unha vitoria que lles permitiu sumar tres puntos e que, malia restar aínda catro xornadas por disputar, xa os clasifica matemáticamente para disputar o play off de ascenso. Unha avultada vitoria para un equipo que arrastraba varias baixas pero que foi quen de disputar “un partido moi serio, liderado por Joni Costas que manexou o encontro ao seu antollo”.

Os goles de Mariete (4), Mario Paz(3) , Diego, Martín e Luis lograban ese 4-10 ante o Carballiño o pasado sábado. Unha vitoria que non foron quen de repetir na xornada seguinte, cando disputaron o partido aprazado contra o Concello de Begonte FS. Arrastrando o cansazo do día anterior os de Pazos caeron por 3-2.

Terceiros da categoría na vindeira semana xogarán contra o 5Coruña FS, sétimos do grupo.

Redondela Maramar 4-3 Beade Copefri

Vitoria para o Redondela ante o último clasificado. Con todo, os do Maramar seguen penúltimos na clasificación e na vindeira semana xogan no campo dun rival difícil, o Distrito Ventorrillo, cuarto do grupo.

Pizarrras los Tres Cuñados 3-8 Campito Chapela

Na preferente o Campito Chapela lograba unha ampla vitoria na súa visita ao campo do Pizarras Los tres cuñados. Na vindeira semana reciben ao Coperfi Cereixa Gondomar, dous equipos situados na metade da táboa que xa non se xogan nada nesta tempada, unha vez acadada a permanencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará