Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco cae ante o Arzúa, un dos equipos que tenta evitar o descenso

choco

Arzúa 3-1 Choco

Os dous últimos clasificados da terceira división miráronse as cara esta fin de semana. Con todo, a situación é ben diferente para os dous rivais, mentres os de Redondela xa descendidos non se xogaban nada, os de Arzúa precisaban da vitoria para tentar evitar o descenso. Así, os locais fixéronse coa vitoria por 3 goles a 1 nun partido no que se fixeron co control do esférico dende o inicio malia que houbo que esperar para ver as primeiras ocasións claras de gol. De feito, non sería ata o minuto 38 cando Aldán lograría anotar o 1-0.

O Choco forzaría un penalti que ese encargaría de transformar Felix para deixar o marcador en empate no descanso. Xa no segundo tempo, en menos de dez minutos, o Arzúa volvía adiantarse no marcador grazas ao tanto de Chiño. Unha vantaxe que ampliaría Lucas no minuto 65 co terceiro tanto para os seus. Un resultado que deixaba os tres puntos na casa do Arzúa.

Na vindeira semana o Choco xoga en Santa Mariña, recibirán ao terceiro, o Rápido.

Segunda Galicia

Cerponzóns 0-0 Soutomaior

Empate a cero tantos entre o Cerponzóns e o Soutomaior, equipo que baixa a cuarta praza da categoría. Na vindeira semana xoga co Caldas.

Cesantes 3-0 Amanecer

Vitoria para o Cesantes que se sitúa no posto número 8.  Na vindeira semana xogan no campo dun dos equipos da parte baixa da táboa, o Figueirido

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará