Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP acusa ao goberno local de ignorar os requirimentos da Valedora do Pobo sobre o SAF

pp saf

Aseguran que a alcaldesa Digna Rivas, non remitiu á Valedora a documentación solicitada en dúas ocasión esixindo que achegaran copia das reclamacións presentadas por usuarios e traballadoras do Servizo de Atención ao Fogar, ademais dun informe de antecedentes de funcionamento do servizo que presta a concesionaria Os Ventos.

Explican dende o PP que estes requirimento da Valedora súmanse á comunicación que remite o Servizo de Inspección de Servizos Comunitarios e Inclusión social sobre o funcionamento do SAF nos que lle lembran á alcaldesa que o Concello ten a obriga legal de responder a estes requirimentos no prazo de 3 días adxuntando un informe xustificativo dos antecedentes e actuacións realizadas para xestionalos “algo que Digna Rivas e Iria Vilaboa non fixeron”.

Continúa o PP afirmando que esta falta de transparencia únese ao empeoramento do servizo “tal e como se reflicte nas denuncias dos beneficiarios, familiares e profesionais con cambios de quenda aleatorios, enviando a traballadoras a atender usuarios que non coñecen sen facilitarlles antecedentes ou información sobre a súa situación e tendo que deixar a aqueles aos que xa asistían con compañeiras que tamén ignoran o seu estado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará