Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco pelexa en Santa Mariña

choco solidario

Os redondeláns non se renden e, malia estaren descendidos, saen ao terreo de xogo a pelexar e a poñerllo difícil aos seus rivais. Nesta ocasión o partido disputouse o pasado xoves en Santa mariña e o Choco caeu pola mínima ante o Estradense nunhas xornadas que estiveron marcadas pola celebración en Redondela do torneo solidario de Semana Santa organizado polo Club.

Choco 0-1 Estradense

Mentres o Choco non se xogaba nada, os visitantes precisaban os tres puntos en xogo para asegurar o antes posible a permanencia. Os de David Pérez non llo puxeron doado e presentaron batalla dende o inicio do encontro.

O dominio con todo foi para os visitantes no primeiro tempo malia que sen excesivas chegadas á portería. Xa na segunda parte Migui aproveitou un erro defensivo do Choco para logra o único tanto do encontro. Co resultado a favor, o Estradense optou por repregarse atrás e defender un resultado que lles da seguridade neste tramo final da competición.

Na vindeira semana mediran as súas forzas os dous últimos clasificados, o Choco xoga no campo do Arzúa.

Descanso na segunda Galicia por mor da Semana santa. Na vindeira semana os de Soutomaior, no  terceiro posto da clasificación, xogarán no campo do Cerponzóns.

O Cesantes terá como rival un equipo que se atopa tamén nos postos medios da táboa, o Amanecer.

Fútbol sala.

Tamén houbo descanso no Fútbol Sala. Os partidos previstos para a próxima fin de semana levarán ao Pazos ao campo do Carballiño.

O Redondela Maramar, situado na penúltima praza do grupo, mediará as súas forzas contra o pechacancelas, o Beade Copefri.

Na preferente o Campito Chapela xogará no campo de Pizarras Los tres cuñados, equipo que ten os mesmos puntos que os de Chapela.

Balonmán

Na división de Honra prata feminina as mozas da Sar Rodavigo reciben ao último clasificado, El pendo, nun partido que se disputará na Bomboneira e que será ademias o último partido da liga.

Na primeira nacional a Sar Plastic Omnium xogan contra o segundo do grupo, o OAR Coruña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará