Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de dirección de orquestra co mestre Sander Teepen no Conservatorio de Redondela

conservatorioa

A Orquestra de Saxos de Redondela organiza as segundas xornadas masterclass de Dirección Orquestral, que se celebrarán no Conservatorio de Música Victor Ureña dende mañá xoves ata o sábado a cargo do mestre Sander Teepen e o pianista acompañante Martien Maas. As persoas interesadas en participar poden obter máis información e inscribirse no correo orquestadesaxos@hotmail.com.

O curso enmárcase no programa de formación continua que desenvolve ao longo do ano en colaboración co Concello de Redondela, o Conservatorio e a Xingros Big Band e serán unha oportunidade única para músicos profesionais e directores de todo tipo de formacións musicais como bandas de música, orquestras clásicas e coros. O curso divídese nunha parte teórica e outra práctica na que os participantes poderán aplicar as técnicas de dirección e ensino.

O músico Sander Teepen dirixiu ao longo da súa traxectoria profesional á Orquestra Filarmónica de Róterdan, a Orquestra de Cámara de Estudantes Holandeses, a Orquestra Filarmónica Estatal Eslovaca Kosice, a Orquestra Filarmónica da Haia, a Metropole Orquestra, a Filarmónica do Sur dos Países Baixos e a Orquestra Filarmónica de Banatul.

Actualmente dirixe a Radio Filarmónica Orquestra dos Países Baixos, entre outros proxectos internacionais, que sitúan a este director orquestral nun referente dos máis destacados de toda Europa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará