Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A intervención de tres persoas evita un intento de suicidio dende o viaduto

viaduto

Os feitos producíanse sobre as 13:45 horas de onte martes cando un home, veciño de Vigo de 42 anos de idade, saíu do xulgado onde estaba pendente da celebración dun xuizo e se subiu ao viaduto vello anunciando a súa intención de se suicidar.

Un axente da Garda Civil que se atopaba de descanso así como dous comerciantes da zona foron os encargados de convencer ao home para que desistira da súa intención logo de observar que se paseaba por enriba da ponte. Accedera a mesma polo extremo da Sala Bolero tras saír do xulgado de Redondela anunciando a súa intención de tirarse dende o viaduto. Ata o lugar desprazouse tamén unha patrulla da policía local, alertada dende os propios xulgados, e unha ambulancia.

Ata que o home accedeu a baixar do viaduto vivíronse momentos de tensión especialmente dramáticos para a nai e parella do home que se atopaban con el no edificio dos xulgados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará