Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un estanco de Chapela reparte un premio de máis de 600.000 euros da Bonoloto

bonoloto

A persoa agraciada selou o boleto premiado no despacho situado na Avenida de Redondela nº 29.

A combinación gañadora correspondeu aos números 2-10-12-25-30-47, co complementario 4 e o reintegro tamén no 4. O único afortunado ou afortunada que logrou acertar o seis números, que validou o seu boleto na parroquia de Chapela, obtivo un premio de 627.573,61 euros. Ao non existir boletos de segunda categoría (cinco acertos e o complementario), o importe destinado a esta categoría pasou a incrementar á categoría inferior, de terceira (cinco acertos), con 102 acertantes. Estes obtiveron 1.844,50 euros.

Polo de agora descoñecese quen foi a persoa afortunada que podería non ser residente na parroquia xa que o estanco no que se selou a Bonoloto tamén vende prensa e lambonadas e a súa clientela non é exclusivamente da zona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará