Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

3 redondelás clasificanse para a copa do mundo de patinaxe artístico co club Ribex de Tui

337401691_605513881137509_2893724582387763982_n

As redondeláns Laura Albán, Nerea Castro e Lidia Couñago forman parte do CPA Ribex de Tui co que compiten a nivel galego e nacional na categoría Grupo Show Grande. Despois de coroarse como segundas no Campionato Galego e quintas no de España,  celebrado esta fin de semana en Barcelona, participan por segunda vez na Copa do Mundo.

No campionato de España quedaron no 5º posto coa proposta “Defensa Secreta” coreografiado polos adestradores Santiago Alonso e Carolina Figueroa. O baile, como é habitual neste deporte, ten unha mensaxe de loita e superación no que as patinadoras, caracterizadas de mofetas, deféndense dun depredador máis forte. Segundo Alonso, a intención era representar a fortaleza ante unha situación de ameaza.

A pesar dunha pequena caída durante a actuación, a proposta recibiu a mellor puntuación en técnica de grupo e performance, puntos que lles permitiu acadar ese quinto posto na clasificación.   Enfrontáronse a clubs con experiencia en campionatos do mundo e europeos como o CPA Girona, o CPA Olot e o CPA Tona.

O Campionato de España celebrado do 24 ao 26 de marzo en Barcelona rematou con bos resultados para os clubes da contorna. Na Categoría Grupo Show grande o equipo de Tui lograba o quinto posto e o equipo de Soutomaior unha meritoria decimocuarta praza, nunha competición que coroaron as patinadoras do CPA Girona. Na mesma posición pero na categoría de Grupos Show Pequeno clasificábase o club de patinaxe artístico Arealonga de Chapela, nesta categoría gañaron as catalás do Club Tona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará