Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os usuarios das Bibliotecas súmanse ao reto lector

reto lector

As Bibliotecas Redondela xunto coa asociación Amigos das Bibliotecas Municipais teñen en marcha unha proposta diferente para este 2023. Un reto lector no que poden participar todas as persoas maiores de 18 anos que fagan uso do servizo de préstamo das bibliotecas. Os participantes que completen o reto participarán nun sorteo dun lote de libros.

Con cada libro prestado na biblioteca que se axuste ás propostas feitas o lector recibirá un selo no seu calendario. No caso de completalo poderá participar no sorteo final.

Entre as propostas feitas dende as bibliotecas atopamos por exemplo a lectura dun álbum ilustrado ou un cómic, un libro con ensinanzas positivas e inspiradoras, un libro que teña adaptación cinematográfica, un libro de poesía ou de teatro e así ata doce propostas que rematarán en decembro cun clásico literario.

Mª Elena Becerra é a responsable das bibliotecas

Un reto flexible pero que busca animar ao lector a saír “da súa zona de confort” propoñéndolle que cada mes se achegue a un libro diferente.

Mª Elena Becerra anima as persoas usuarias a solicitar o seu pasaporte tanto na Biblioteca Valle Inclán de Redondela como na Biblioteca Xela Arias de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará