Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco non atopa o seu sitio

chocofebreiro

O Choco segue de pechacancelas da terceira división, tras caer ante o Atlético Arteixo no partido disputado en Santa Mariña. Os de David Pérez non foron capaces de remontar o gol de Adrián Otero no 11’.

Choco 0-1 Arteixo

A afección redondelá viviu unha primeira parte na que o equipo choqueiro tardou en meterse no encontro, nun partido caracterizado pola falta de ocasións de gol, excepto o aproveitado por Adrián Otero no 11 nunha xogada que comezaba na banda e tras un erro defensivo o xogador de Arteixo fixo diana na portería defendida por Ángel Expósito.

Un encontro no que os dous bloques xogaban precipitadamente trabando o xogo con perda de balón, imprecisión nos pases e costaba o control do esférico.

Finalmente o gol en solitario de Adrián Otero custaría os tres puntos da xornada deixando ao CD Choco nunha situación moi complicada, como pechacancelas da categoría e con tan só 14 puntos no seu haber. Con todo, o equipo segue a pensar na nova oportunidade que terán o próximo fin de semana na que de novo os choqueiros xogarán na casa. Recibirán tamén a outro equipo moi necesitado de puntos, o Alondras, nos postos baixos da categoría.

Vilaboa 1-2 Soutomaior

Na segunda Galicia, o Soutomaior segue líder tras lograr unha nova vitoria na súa visita ao campo do Vilaboa. Os de Jaime Calvar seguen no máis alto do grupo e na vindeira semana xogan na casa, reciben ao Combarro.

Monteporreiro 2-2 Cesantes

Pola súa banda o Cesantes logrou o empate na súa visita ao campo do Monteporreiro. Nunha tranquila posición na metade da táboa na vindeira semana teñen unha cita a priori doada, reciben ao Grove, colista da Segunda Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará