Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un home de 48 anos por ameazar un veciño de Reboreda cun coitelo

reboreda

Axentes da Policía Local e da Policía Nacional procederon, no mediodía de onte domingo, á detención dun varón por un presunto delito de ameazas graves en Reboreda, logo de ter ameazado a outro veciño da zona cun coitelo. O inicio da disputa, segunda as primeiras testemuñas, estaría nos presuntos danos que unha parte lle tería provocado a outro nunhas colmeas.

Os feitos aconteceron arredor das 13:20horas logo de recibir unha chamada na Policia Local, onde un home afirmaba que viña de ser ameazado cun cóitelo por un veciño na parroquia de Reboreda. Logo de entrevistarse coas partes no lugar onde aconteceron os feitos,  procedeuse a detención dun varón de 48 anos de idade, ao cal se lle acusa dun delito de ameazas graves con arma branca, séndolle intervido o coitelo, duns 25 cm de folla, arma que foi presentada na comisaría da Policía Nacional en Vigo.

O detido, que carece de antecedentes, pasará a disposición xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará