Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama medidas para paliar a mortandade da ameixa na Enseada

bng ameixa

A deputada nacionalista Carmela González trasladou ás mariscadoras de Redondela o seu compromiso para reclamar ante o goberno galego a defensa dun sector composto maioritariamente por mulleres. As mariscadoras trasladaron a formación nacionalista unha situación que cualificaron de “desolador, con bancos totalmente arrasados, no que a cría non medra ou simplemente morre”.

O deputada Carmela González xunto cos membros do BNG de Redondela Anxo Lusquiños, a concelleira Jéssica García, o voceiro municipal Xoán Carlos González trasladaron ás traballadoras do marisqueo a pé as iniciativas presentadas polo BNG e que pasan porque “o goberno galego poña en marcha estudios para coñecer os motivos da baixa salinidade das rías e desenvolver medidas para a rexeneración dos bancos marisqueiros”. Lembraron tamén que a eurodeputada Ana Miranda trasladou unha reclamación a Unión demandando en Bruxelas axudas para o sector.

Pola súa banda, as traballadoras do mar volveron reivindicar a necesidade de “compromisos reais por un sector que pode ter futuro”. Reclamaron en todo momento que de verdade se lles dea resposta ás súas necesidades “non podemos consentir que se nos siga tratando como a pata máis feble do sector do mar”.

O voceiro nacionalista Xoán Carlos González denunciou “o desinterese da Xunta de Galiza polo colectivo de traballadoras do mar. O marisqueo en Redondela pode ter futuro e a produción da Enseada por ser vendido como un selo de calidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará