Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Entroido a ritmo de rock en Redondela

foto entrodio

A gran festa do inverno en Redondela quece motores para unhas celebracións que contarán co tradicional desfile de comparsas e a Queima do Meco no centro da vila así como o Enterro do Berete en Chapela. Unha programación animada con música a cargo do grupo Bulsara Tributo a Queen que actuará o sábado 18 de febreiro no Campo da Feira e a orquestra América, que se subirá ao escenario no paseo marítimo de Chapela o sábado 25. Os máis cativos contarán con oferta pensada especificamente para eles: obradoiros e pasarrúas infantís.

A programación arrancará o sábado 18 con obradoiros e actividades variadas orientadas aos máis cativos na Alameda de Castelao en horario de 17 horas a 19:30 horas. A partir das 18 os pasarrúas percorrerán o centro da vila e a festa continuará pola noite no Campo da Feira. A partir das 21:00 horas actuarán os grupos Gin Toni´s + Maneiras de vivir cun repertorio cargado da mellor música do pop rock español dende a década dos 80 ata actualidade. A continuación actuará a banda Bulsara- The Queen Experience (tributo a Queen) seguida de Disco Móvil CDC.

O domingo 19 a cativada poderá gozar dunha mostra de disfraces infantís na Alameda a partir das 11:30 horas na que se repartirán premios por categorías e xa pola tarde terá lugar o tradicional desfile de compartas que sairán ás seis da tarde dende o campo da feiras acompañadas dos pasarrúas da Asociación de Percusionistas e Tamborileiros Aperta.A xornada rematará coa entrega de premios a partir das 20:30 horas.

Xa o martes 21, quenda do día máis participativos coas tradicionais comidas e a Queima do Meco a partir das 19:00 horas xunto co pasarrúas e espectáculo a cargo de Pablo Méndez Performances que sae da Praza de Ribadavia. Haberá tamén a posibilidade de participar nun concurso de disfraces individual e colectivo no que haberá que inscribirse previamente de forma presencial ás 16 horas nos soportais do Concello.

O Entroido de Chapela celébrase o 25 de febreiro ás 17 horas da tarde coa concentración de comparsas no Alto da Encarnación. A Asociación de Percusionistas e Tamborileiros ‘Aperta’ acompañará á comitiva fúnebre que partirá ás seis da tarde en dirección á Praia de Arealonga onde terá lugar a Queima do Berete ao redor das 20.30 horas. Pola noite, no Paseo Marítimo de Chapela actuarán a orquestra Grupo América de Vigo (21 horas) seguida de DJ Charlie a partir das 00:00 horas.

Dende o concello a alcaldesa Digna Rivas salientou a aposta que dende o goberno se fai de cara a ofrecer “un programa variado centrado no público familiar para que os máis cativos e cativas teñan o espazo que se merecen. Ademais de recuperar con total normalidade, logo de moito tempo, o tradicional espírito de celebración na rúa coa Queima do Meco e o Berete en Redondela e Chapela, respectivamente”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará