Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita no Parlamento medidas para paliar as restricións á pesca da anguía

PescaAnguila

A organización nacionalista manifesta que a imposición de vedas de 6 meses é un duro golpe para os naseiros de Pontesampaio, Soutomaior, Redondela e Vilaboa e esixe que se tomen meidas para un sector que vai estar parado tres meses máis dos previstos inicialmente.
O BNG levou ao Parlamento as restricións na pesca de anguía, unha especie de gran importancia para o sector pesqueiro do fondo da ría de Vigo e que agora pasará de estar 3 meses vedada a estalo durante medio ano.
A voceira do BNG nos asuntos de pesca no Parlamento, Rosana Pérez manifestou que “pasar de 3 a 6 meses de veda supón un durísimo golpe para os naseiros de Pontesampaio, Arcade, Cesantes, Redondela e Vilaboa. Algo que se suma a unha situación previa de veda anual de 3 meses dende hai máis de 10 anos que lle foi imposta pola UE de xeito totalmente inxusto e ilóxico, xa que isto debese á mala xestión doutros países europeos. Unha xestión que non concorda en nada coa realidade galega”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará