Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco abre unha votación a través de Twitter para elexir ao “Jugador Cinco Estrellas”

CD choco xogador cinco estrelas

Esta é unha colaboración con Fútbol Mahou e os candidatos que se presentan son Cortegoso, Juanma Justo, Comis, Berni e Ube. A proposta lévase desenvolvendo nos últimos anos coa participación de clubs de toda España e este é o segundo ano que participa o Choco. O ano pasado Félix Rial foi o Jugador Cinco Estrellas da primeira volta e Fran Monroy coronouse como o favorito da afección na segunda volta.

A Dinámica de elección do Jugador Cinco Estrellas é a seguinte: Os afeccionados votan a través de Twitter na conta oficial do CD choco ao seu xogador elixido entre os cinco que propón o club co hashtag #JugadorCincoEstrellas. Para votar teñen que marcar retuit ou favorito no nome do futbolista ao que queiran que se lle outorgue o premio no prazo determinado para recoller os votos. Unha vez faise o reconto determínase o gañador. A votación está aberta ata o 3 de febreiro ás 14:00h da tarde.

O premio consiste nun trofeo que será entregado por un directivo de Mahou e un representante do CD Choco. A intención é patrocinar e destacar os mellores xogadores do equipo, pero tamén serve para dinamizar as redes sociais dos clubs e incentivar a participación da afección. Este tipo de recoñecemento dos fans xa o recibiron, por exemplo, xogadores como Thomas Lemar do Atlético de Madrid ou Pablo Insua do Real Sporting de Gijón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará