Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP salienta a actividade política de Javier Bas “parlamentario pontevedrés máis activo da lexislatura”

pp

O exalcalde e candidato á alcaldía con preto de 400 iniciativas “liderou todas as reclamacións e propostas relacionadas con Redondela, dende a supresión da peaxe en Rande, pasando polas obras de reposición da AP-9 ou a demanda da Comisaría da Policía nacional”.

O candidato do PP á alcaldía nas próximas elección municipais de maio presentou preto de 400 iniciativas, 419 intervención no Pleno, interpelando ao Goberno e 21 máis nas comisións parlamentarias das que forma parte.

Dende o 2019 ten esixido ao goberno que se cumpran os compromisos adquiridos con Redondela no que se refire a reposición das zonas afectadas pola ampliación da Ap-9  en Chapela e Trasmañó “lembrando que hai un acordo polo cal o Goberno comprometidas a que as mesmas estiveran concluídas no 2018”.

Solicitou tamén ata en nove ocasións a supresión completa da peaxe en Rande e a apertura dunha saída da autoestrada en Torres de Padín para desconxestionar unha zona de alta intensidade de tráfico. No referente a infraestruturas reclamou tamén a mellora da N-552 ao seu paso por Chapela, o alto da Encarnación e a parroquia de Trasmañó así como a reforma da N-555 ou a construción dunha rotonda nos Valos na N-550.

Nas súas intervencións ten reclamado no Congreso a necesidade da existencia do terceiro distrito para a Comisaría da Policía Nacional en Redondela “e que é máis urxente a vista do aumento de delitos, especialmente os roubos con forza en vivendas”.

Os populares conclúen lembrando que “nestes tres anos de lexislatura Javier Bas ten proposto que se acomete a segunda fase da Senda Verde entre Chapela e Redondela e ten reclamado que se reactive a peonalización do Viaduto de Madrid, incluíndo nas emendas aos orzamentos a rexeneración da praia de Cesantes, eliminando a escolleira e a rehabilitación do cargadeiro Coto Wagner.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará