Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seso Durán comeza a xira do seu novo disco ‘Ascensión’ cun concerto en Vigo

96a89232-fd74-48d6-9fef-0753f63c4776

O  redondelá de adopción, Seso Durán, leva na escena musical desde os anos 90. Foi integrante e compositor no grupo folk Liorna e tras 10 anos afastado dos escenarios, nos que centrou a súa actividade profesional na docencia da música, en 2017 debutou en solitario co disco Son da Memoria.

O primeiro disco pódese considerar conceptual e fala dos estragos da Guerra Civil en Galicia. Agora presenta “Ascensión”, un traballo que supón a súa consolidación como músico en solitario e que conta a súa perspectiva da sociedade actual. Trata temas como o cambio climático, a violencia de xénero, a identidade galega ou a crise social que provocan as redes sociais e a tecnoloxía.

Unha das cousas das que quere deixar constancia na súa constante reivindicación polos dereitos dos artistas é que a pesar de que a música galega atópase nun momento álxido, as institucións e os medios de comunicación continúan ignorando o talento da casa e premiando ao de fora.

Para o músico, aínda que os 80 foron unha época de esplendor , na actualidade están proliferando proxectos dentro de tódolos estilos musicais convertendo a música nunha canle para a nosa lingua e a nosa historia. Denuncia sobre todo a xestión que fai a administración dos cartos públicos dirixidos á cultura.

O sábado 14 comeza a xira do seu novo disco, ‘Ascensións’, cun concerto na Fábrica de Chocolate en Vigo ás 21:30 horas. No escenario contará con 5 músicos vigueses consolidados na escena, aos que” admira e cos que se sinte afortunado de tocar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará