Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alternativa Veciñal proponlle a PSOE e BNG unha coalición electoral en Pazos de Borbén

pazos

A agrupación de electores Alternativa Veciñal trasladoulle aos cabezas de lista de PSOE e BNG unha oferta para concorrer xuntos ás eleccións locais do 2023. En caso de que non prospere a coalición, alternativa acudirá ás eleccións en solitario.

A Agrupación de Electores Alternativa Veciñal (AV) entende que é preciso reunir forzas para evitar que “a división do voto entre varias opcións políticas bote por terra as ansias de cambio que teñen amosado as urnas”. Por ese motivo decidiron propoñerlle a PSOE e BNG concorrer en coalición a esta cita electoral.

Lembran que en Pazos de Borbén o PP leva varias eleccións locais obtendo máis votos en contra que a favor. Se ben en anteriores ocasións a diferenza non era substancial, no 2019 “as cifras foron contundentes: 849 votos apoiaron a xestión do PP fronte a 1.126 que a desaprobaron índose a outras opcións políticas”. Entenden na Agrupación que “o PP só foi quen de manter a maioría absoluta debido, por un lado, a un censo inflado con empadroamentos irregulares e, polo outro, á división do voto descontento coa xestión popular entre catro candidaturas”.

Para que estes aires de mudanza que se respiran non se vexan de novo truncados, é polo AV propón esta coalición. Cos resultados electorais de 2019 enriba da mesa é razoable pensar que unha coalición de partidos garantiría o cambio político en Pazos de Borbén. Aseguran ademais que “un entendemento entre estas forzas políticas sen dúbida tería un efecto multiplicador, crearía unha corrente de ilusión e esperanza que mobilizaría a moita xente descontenta”.

AV trasladoulle esta oferta aos cabezas de lista de PSOE e BNG a finais do pasado novembro, sen que de momento haxa unha resposta. No caso de que sexa rexeitada, a agrupación presentará a súa propia candidatura con todo, animan a estes partidos políticos “a dar un paso adiante para romper co de sempre e presentarlle aos electores de Pazos de Borbén unha proposta diferente e ilusionante”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará