Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andaina celebra o Día da Diversidade funcional con diferentes accións para aumentar a sensibilización

andaina

Unha das iniciativas que desenvolve a asociación de familias con nenos e nenas con necesidades especiais Andaina leva por nome “pictografar Redondela” e busca facilitar a identificación dos espazos públicos ás persoas con discapacidade, especialmente a persoas con TEA. A asociación súmase tamén a campaña “Baixo o mesmo paraugas” que busca dar visibilidade a esta conmemoración.

Magaly Couñago, Asociación Andaina

O 3 de decembro de cada ano conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co obxectivo de promover os dereitos e o benestar de todas as persoas que teñen algún tipo de discapacidade. En Redondela, é a Asociación Andaina quen aproveita esta data para saír a rúa e realizar diferentes actividades reivindicativas. Así, dende as 11:00 horas instalarán unha mesa informativa con venta de diferentes material ás portas do concello e promoverán unha “paraguada” que busca que a xente se achegue e se fotografíen “baixo o mesmo paraugas”, co que se quere simbolizar a unión e o feito de que todos temos cabida baixo o mesmo paraugas, sen diferenza.

Tamén se procederá a sinalizar con pictogramas os edificios, parques e espazos públicos para facilitar a accesibilidade a todas as persoas e continuarase cun traballo de adaptación dos espazos de peóns colocando no semáforo de Santa Mariña diferentes pictogramas que indiquen as regras a seguir á hora de cruzar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará