Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A película de terror “Jacinto” chega ao Multiúsos da Xunqueira

jacinto

A proxección, enmarcada dentro do ciclo Mestre mateo, terá lugar este sábado ás 19:30 con entrada de balde

O Ciclo Mestre Mateo, que promoven conxuntamente a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, celebrará este sábado 3 a proxeccións da súa última sesión, coa película “Jacinto”, con 11 candidaturas nos XX Premios Mestre Mateo: mellor longametraxe, mellor dirección, mellor dirección de arte, mellor guión, mellor interpretación masculina de reparto, mellor interpretación masculina protagonista, mellor maquillaxe e perruqueira, mellor montaxe, mellor música orixinal e mellor vestiario.

“Jacinto”, escrita e dirixida por Javi Camino, conta a historia de Jacinto un adulto con mentalidade de neno. Vive en Mallou, unha sombría aldea abandonada entre as montañas cos seus pais e o seu porco Martiño. A morte da súa mascota e a chegada de dúas novas veciñas estranxeiras porá o seu mundo patas arriba. Jacinto sospeita que as recen chegadas son vampiresas que planean rematar coa súa familia para controlar a aldea. Para impedilo, porá en práctica todo o aprendido vendo películas de terror.

O ciclo Mestre Mateo chega así ao seu final, da man da Deputación e da Academia do Audiovisual, despois de dotar ós concellos da provincia dunha programación estable de cinema en galego, exhibindo as películas premiadas e finalistas dos premios deste ano. Amais de “Jacinto” xa se proxectaron outras películas coma “Tres”, galardoada como mellor longametraxe, e outras finalistas como “Malencolía”, “A virxe roxa”, “Cuñados” ou “A poeta analfabeta”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará