Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O grupo De Vacas actuará o domingo no acendido das luces de Nadal de Pazos

concello pazos

Pazos de Borbén acenderá a súa iluminación de Nadal este domingo dentro dunha programación que contará con actuacións para todos os públicos, un canón de neve artificial e racións de chocolate con churros para todos os asistentes. A actuación do grupo De vacas ás 19:30 horas no auditorio municipal pechará unha celebración que arrincará as 17:30 horas na praza do Concello co espectáculo de Paco Nogueiras “Canto contigo”.

Ás 19:00h terá lugar o aceso da iluminación do Nadal acompañado dunha gran nevada que os asistentes gozarán cun vaso de chocolate quente e un doce. A partir das 19:30 horas no auditorio municipal o grupo De Vacas ofrecerá un concerto gratuíto.

A iluminación do Nadal municipal instalado este ano polo Concello de Pazos de Borbén inclúe varias árbores de luces led, arcos luminosos engalanando as principais vías do municipio e varios motivos colocados nas fachadas dos edificios oficiais e farois.

O consistorio pacense, segundo indicou o alcalde, Andrés Igrexas, é o propietario de toda a iluminación do Nadal instalada “polo que nunca gastamos grandes cantidades” explicando que as árbores e demais elementos foron realizados polos traballadores municipais, polo que o seu custo é unicamente o do material eléctrico necesario.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará