Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Estacionamento gratuíto e sorteos para animar a mercar na Praza de Redondela

praceiros

“Merca na praza e aparca gratis” é o lema da campaña que pon en marcha a Asociación de Empresarios de Redondela en colaboración cos praceiros e praceiras, o Concello e a Xunta. O obxectivo da campaña, que se desenvolverá ata o 16 de decembro, é facilitar as compras na praza co reparto de tickets de apartamento e sorteos de carburante e lavados gratis.

A Campaña consta de dúas accións: por un lado, a clientela poderá trocar os seus tickets de compra por horas de parking gratuítas e, por outro lado, coas compras realizadas na praza entrarase no sorteo de 3 depósitos de carburante e 6 lavados gratis.

Dende o pasado venres e ata o 16 de decembro á clientela poderá conseguir 1 hora de parking gratuíto por cada dous tickets de compra. Os tickets teñen que ser do mesmo día que se realicen as compras e non hai compra mínima, aínda que o número de horas gratuítas que se poden trocar por día será de 5. Esta medida pretende favorecer non so aos praceiros senón tamén a toda a zona comercial xa que a clientela da praza terá tempo abondo para realizar compras en toda a área comercial ou gozar da hostalaría.

O troco de tickets realizarase na Cafetería da Praza de Abastos ou na sede da Asociación de Empresarios de Redondela ata o 16 de decembro.

Por outra banda, para axudar coa importante subida de prezos, os praceiros e praceiras suman un sorteo de 3 depósitos de carburante. Unha iniciativa que conta coa colaboración de Repsol a través da estación de servizo Hevago, situada na Avda. de Santa Mariña moi próxima á propia Praza de Abastos. O sorteo terá lugar o día 23 de decembro na propia Praza de Abastos de Redondela.

Polas compras que realices nas Prazas de Abastos de Redondela e Chapela desde o 25 de novembro poderás participar no sorteo de 3 depósitos de caburante e 6 lavados.

O sorteo terá lugar o 23 de decembro de 2022 na praza de Abastos de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará