Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Noctámbulas ofrecerá actividades nocturnas nas fins de semanas a mocidade de Soutomaior

noctámbulas

A área de Xuventude do Concello de Soutomaior está a preparar o programa de lecer que leva por nome Noctámbulas e que prevé desenvolver actividades para xente moza nas noites dos venres e sábados. Segundo explican dende a OMIX será un programa de lecer e tempo libre saudable con actividades gratis, para a mocidade de 12 a 30 anos de idade, nas que poderán participar como asistente ou monitor.

Para a confección do programa o Concello está aberto a propostas que se poden deixar nas caixas de correo instaladas no Multiúsos, no IES Soutomaior, na Biblioteca municipal ou a través dun cuestionario online “calquera actividade que consideren do seu interese sexan formativas ,culturais, musicais, deportivas…”.

Sonia Pintos, OMIX Soutomaior

O programa desenvolveranse entre xaneiro e abril do ano que vén, en diferentes espazos socio-culturais e deportivos. O departamento de Xuventude expón como posibles horarios os venres de 22.00 a 00.00 horas e os sábados de 20.00 a 1.00 horas.

Aquelas persoas que desexen participar como monitores tamén poden enviar as súas propostas antes do 16 de decembro, cunha descrición da actividade, material e espazo necesario e custos que sufragará o Concello. Tamén se poden achegar suxestións como participante, a través da Biblioteca Municipal, da OMIX ou dun cuestionario online.

Explica Sonia Pintos que a iniciativa xurde das propias peticións de mozos e mozas e da constatación de que non existe nestes momentos unha opción de lecer alternativo no propio concello.

Para asistir ao programa as persoas interesadas deberán solicitar o carné Noctámbulas, que se lles entregará completamente de balde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará