Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os sindicatos denuncian que a falta de persoal no Concello afecta a calidade do servizo que recibe a cidadanía

concello-de-redondela

A Xunta de Persoal e Comité de Empresa do Concello de Redondela explica que o cadro de persoal está composto por 160 postos de traballo para un municipio de case 30.000 habitantes e que na actualidade existen 20 postos de traballo (dotados orzamentariamente) que están sen cubrir. Os sindicatos anuncian “un posible conflito” se non se toman as medidas oportunas para resolver esta situación.

Explican dende UXT CSIF e CIG que tras “a moción presentada o pasado 8 de setembro polos sindicatos ao Pleno, onde se pedía a cobertura destas prazas e que foi aprobada cos votos a favor do PSOE, AER e BNG, e a inexplicable e incomprensible abstención do PP, non houbo ningún movemento.

Esta situación agrávase cando existen baixas laborais ou outras circunstancias que reducen o

número de traballadores e traballadoras e que na maioría dos casos non se substitúen. Todo isto provoca unha sobrecarga de traballo no persoal en activo e un uso desmesurado das horas extras.

Os sindicatos engadne que “por responsabilidade sindical e social, reclamamos unha decisión firme por parte do Goberno para atallar esta situación. Un concello coma Redondela non pode permitirse este problema nin pode perpetuarse no tempo. Ou se cumpren os acordos ou teremos un conflito.

Finalmente engaden que “aínda están sen executar completamente as Ofertas de Emprego dos anos 2017, 2019, 2020, 2021 e o proceso de estabilización do ano 2022 (que está ofertado pero non

convocado), cun total de vinte e unha prazas vacantes”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará