Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de risoterapia e autocoñecemento en Redondela

risoterapia

O programa, organizado pola concellería de Igualdade desenvólvese de novembro a decembro, está aberto a todas as mulleres que queiran participar e as clase impartiranse no Multiúsos da Xunqueira os xoves en horario de 12:00 a 13:30 horas.

O proxecto leva 3 anos en funcionamento e está destinado a mellorar e benestar emocional e o empoderamento das mulleres, mediante á práctica guiada por unha persoa profesional das técnicas de rispterapia e do autocoñecemento. De igual modo, mediante esta práctica preténdese fomentar a creación dunha rede entre as mulleres participantes e fomentar as súas relacións interpersoais.

Comezou o 2 de novembro e impártese no Multiúsos da Xunqueira de 12:00h a 13:30 horas, todos os xoves ata o 29 de decembro. As actividades son participativas e interactivas. Cada unha das sesións comeza cunha parte de dinámica práctica de risoterapia durante media hora, e segue cos contidos básicos sobre autocoñecemento. Entre os módulos pódese atopar o traballo sobre lectura e percepción corporal, a familia afectiva e o autocuidado. As técnicas didácticas empregadas terán o obxectivo de fomentar o interese das participantes, para obter desta forma unha aprendizaxe o máis activa e significativa posible, aplicando a intencionalidade de construír novos coñecementos.

Hai que destacar que aínda que a inscrición esté aberta a todas as veciñas de Redondela, terán prioridade as mulleres inscritas no CIM que sexan vítimas de violencia de xénero. O número máximo de participantes é 15.

A alcaldesa Digna Rivas destaca que “Dende o concello hai máis de tres anos que se están a realizar talleres, charlas, exposicións e eventos dedicados a temas tan importantes como a violencia de xénero, o autocoñecemento e o apoio emocional co obxectivo de crear unha rede de seguridade entre as mulleres de Redondela”. Programas como este que fomentan o empoderamento das mulleres no camiño á igualdade “único xeito de construír unha sociedade xusta e decente”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará