Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andaina mobiliza os centros educativos e comercios de Redondela cunha Chocolatada Solidaria

WhatsApp Image 2022-11-10 at 15.27.18

A chocolatada solidaria ten como obxectivo acadar os 4000 euros necesarios para a  instalación no seu centro educativo dunha cociña para o módulo formativo de hostalería dos alumnos do Programa de Prelaboral.

Para facelo, organizan un reto solidario en colaboración con Pegadas con alma, unha asociación redondelá dedicada a recadar fondos de forma altruísta.  Dedícanse a organizar iniciativas destinadas a mellora da situación dos colectivos sociais, coa motivación de axudar a entidades que consideran “imprescindibles” para o bo desenvolvemento d municipio.

“Comezamos o ano pasado facendo un reto con Lenda no que duplicamos a recaudación esperada”, Patricia, fundadora de Pegadas con Alma.

O desafío consiste en mobilizar a poboación para organizar distintas  chocolatadas durante as datas de nadal, nas que a xente da contorna poderá doar cartos para Andaina e gozar dunha cunca de Chocolate quente e un petisco doce.  A intención da campaña é sumar a participación das escolas, centros deportivos, centros culturais, empresas e comercios da contorna para que colaboren de forma libre.

“Os comercios e empresas tamén poden participar, aclara Aitana.

Andaina quere diversificar a oferta dos módulos prelaborales do seu centro, ofrecendo o título formativo de hostalería, para o que necesitan unha mellora nas súas instalacións. A montaxe dunha cociña elevaría a calidade da ensinanza e axudaría á variedade da oferta educativa da asociación.

“A moitos alumnos e alumnas interésalles cociñar de forma profesional”, directiva de Andaina.

A iniciativa aínda está na súa fase inicial, polo que precisa que se impliquen o maior número de centros e empresas posibles. As datas para celebrar a merenda poden variar segundo a necesidade de cada colectivo, pero a idea e que sexa preto do nadal, momento consideran idóneo para este tipo de actividades e a “época na que o espírito solidario soe ser máis alto”.      

“Despois dos efectos da pandemia hai ganas de xuntarse e socializar”

O Concello de Redondela tamén colabora na campaña e mobilización da proposta, axudando a súa expansión e publicidade por toda a contorna.

“No que poidamos colaborar ahí estaremos”, conta a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

 É necesario que cada centro encárguese da súa propia elaboración do chocolate e o donativo por cada cunca escólleo cada organizador, encontrando un balance no que consideren apropiado. Aqueles centros educativos ou empresas que prefiran almorzar ou merendar con outro alimento que non sexa o cacao, poden organizalo da mesma forma.  

Dende Andaina poden facilitar o contacto dun cátering ou provedor, así como os carteis. Para inscribir o teu centro só tes que enviar un correo a: asociacionandainaredondela@gmail.com

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará