Hoxe é Martes 22 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Murais para concienciar no Colexio de Porto Cabeiro

portocabeiro

O Centro educativo ven de inaugurar o último dos murais realizado dentro dun proxecto que persegue a consecución de espazos artísticos que potencien a educación en valores e igualdade. Este último mural, da artista Paula Amoedo, fai fincapé no respecto pola diversidade. Con anterioridade foron Abi Castillo, Alba Troiteiro, Sergio Leiros e Eva Casais os encargados de intervir artisticamente con temáticas como a amizade, a igualade e o respecto. A próxima obra correrá a cargo da redondelá Alba Casanova.

Os murais do CEIP plurilingüe Porto Cabeiro se dispoñen en diferentes localizacións. Espazos nos cales transcorre a actividade escolar, espazos de aprendizaxe que  buscan ser acolledores e inspiradores. O proxecto busca potenciar o ensino coa creación de obras de arte vertebradas por unha temática de educación en igualdade e valores.

O último dos murais foi creado pola artista redondelá Paula Amoedo, quen creou un mural cheo de cor para reflectir o respecto pola diversidade, onde se representa a educación como un “fogar”. Crease un mundo (un pobo) coa silueta dos lapis. O lapis tamén como globo aerostático no que unha nena e un neno observan todo con moita curiosidade. Os lapis representan a diversidade, como a pesar das súas diferenzas, tamaños, cores…. todos poden cumprir coa súa función de escribir, non hai un superior a outro, todos son distintos pero iguais de válidos.

Creouse outro mural como continuidade do principal onde participou, coa axuda de Paula, todo o alumnado do centro, pintando 9 lapis, representado cada un deles un dos nove cursos que hai en Porto-cabeiro.

Este proxecto vense desenvolvendo nos últimos anos, participando xa no mesmo artistas de recoñecido prestixio como Abi Castillo, Alba Troiteiro, Sergio Leiros e Eva Casais. Os cales levaron a cabo diferentes obras de arte vertebradas por temáticas como a igualdade, respecto, tolerancia ou amizade.

Xa está en execución a próxima obra, que está desenvolvendo a redondelá Alba Casanova, que actualmente reside en Valencia. Un proxecto coa temática da Empatía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará