Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Alameda acolle un magosto solidario

magosto

Xogos populares, baile, concertos e unha recadación de fondos solidaria para a asociación Andaina é o que nos propoñen dende o concello de Redondela para este magosto que arrancará ás 17:00 hora do sábado na Alameda de Castelao. O evento contará coa animación musical dos grupos Carapaus e Caamaño & Ameixeiras.

Iria Vilaboa, Concelleira de Cultura

As actividades comezan ás 17 horas da tarde, cun total de 32 xogos populares diferentes entre os que se atopan trompos, zancos, xogo da ra, da chave, bolos, mouróns, quebracabezas, carreiras de caracois ou labirintos que estarán baixo a supervisión de monitores/as da asociación A Madana.

 “As actividades están pensadas para as familias e para todas as idades, dende os máis cativos aos máis maiores” explican dende o Concello. Así, ademais dos xogos populares o grupo de baile e gaita ‘Airiños de San Simón’ amenizarán a velada de 17 a 18:30 horas, cando dará comezo o concerto do grupo Carapaus. As 20 horas rematan os xogos e comezará o concerto do grupo Caamaño & Ameixeiras.

Un magosto que ten tamén un marcado carácter solidario, Así durante o evento a Asociación Andaina recadarán fondos para recuperar o material roubado ao colectivo en xuño. Así, as castañas (un total de 150 kilos) serán de balde, cortesía do concello, pero se poderá facer unha doazón voluntaria que irá integramente a Andaina. Neste sentido apunta a alcaldesa, Digna Rivas que “dende o Concello sempre estamos dispostos a colaborar, o magosto é unha festa popular, dedicada a veciñanza e que mellor oportunidade que esta para solidarizarse e unirse por unha boa causa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará