Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os comuneiros do Viso valoran a colocación de cámaras camufladas no monte ante a aparición de novos vertidos ilegais

lixo monte viso

Organizan para o vindeiro sábado unha xornada de limpeza no monte comunal tras a aparición de vertedoiros ilegais na zona, concretamente tres novos puntos en menos dun mes. A xornada de concienciación consistirá na retirada de verteduras e lixo e arrancará ás 10:00 horas no Cruceiro de Baltar.

Dende a Xunta da Comunidade de Montes lamentan que “a día de hoxe aínda perduran as malas costumes de considerar os montes como vertedoiros e hai quen carga un carro de escombros e lixo para depositalos en calquera lugar”. Unhas actuacións incívicas que aínda se entenden menos cando este lixo pódese depositar nos contedores “mesmo os electrodomésticos, mobles e voluminosos son recollidos por Urbaser realizando unha chamada e concertando data de recollida”.

Ante esta situación os comuneiros demandan da policía autonómica, os axentes ambientais e do Seprona unha maior presenza e control dos montes, sobre todo daqueles máis periurbanos e que son máis propensos a sufrir estes ataques. Dende a xunta directiva, mesmo se está avaliando a posibilidade legal de instalación de cámaras camufladas nos terreos comunais para poder identificar aos delincuentes que realicen estas actividades incívicas.

Xornada de limpeza

Dentro das actividades de recuperación, xestión e posta en valor do monte comunal, ademais do xa tradicional día da árbore, os comuneiros e comuneiras do Viso convocan unha xornada de limpeza que terá lugar o vindeiro sábado. Para esta actuación de retirada de lixo e escombros en diferentes verteduras, solicitouse a colaboración do Concello de Redondela, quen de inmediato se puxo a disposición da veciñanza comuneira para a instalación dun contedor na zona do Baltar e encargarse da posterior retirada do lixo recollido e proceder ao seu procesamento regulamentado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará