Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Asemblea no Centro de Saúde para informar do desmantelamento da sanidade pública

sanidade

A Asemblea Veciñal de Redondela pola Defensa da Sanidade Pública convoca á veciñanza a achegarse este venres ás 19:00 horas a un acto aberto e reivindicativo que van desenvolver ás portas do Centro de Saúde. Ademais dos convocantes contará coa presenza dalgún membro da plataforma SOS Sanidade Pública.

Con este acto queren reivindicar e mobilizar á veciñanza para que estean alerta ante os signos que amosan o desmantelamento continuado que segundo denuncia está a padecer o sistema público de saúde “con listas de agarda que son intolerables en determinadas especialidades pero tamén demoras importantes na atención primaria”.

Alberto Covelo, Asemblea Veciñal Sanidade Pública

Unha asemblea veciñal que recentemente realizaba unha manifestación en Redondela precisamente para esixir que se mellore a atención e o número de facultativos por centros. Unha mobilización que entenden foi todo un éxito. Neste sentido amosan o seu malestar tralas declaracións da voceira do PP no último pleno municipal “que ninguneou non só a asemblea, senon a todos os veciños e veciñas que acudiron a esa protesta”.

A reunión do venres busca informar do sistema sanitario público, fomentar a participación veciñal na Asemblea e recibir achegas para futuras mobilizacións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará