Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Escape rooms, teatro, cine e baile nun intenso Samaín en Soutomaior

souto samain

Tres días de festa e actividades variadas é o que nos propoñen dende a OMIX de Soutomaior, un concello que vive intensamente esta festa do Samaín.

Sonia Pintos, OMIX Soutomaior

Unha programación que arranca este mesmo sábado con citas no Multiúsos de Arcade. A primeira será coa obra de teatro cómico “Monstros no Camiño” de Ghazafelhos Espectáculo, na que catro científicos coa axuda dunha máquina da súa invención, serán capaces de convocar a personaxes míticos dos distintos lugares por onde transcorre o camiño, dende Drácula, o Lobisome até as Meigas, a Santa Compaña ou o Sacauntos. Será as 18:30 horas orientado a todos os públicos. Xa as nove da noite a proposta será cinematográfica coa proxección da película “Este cuerpo me sienta de muerte” para maiores de 16 anos.

Os “escapes rooms” serán os protagonistas do domingo. Dous xogos ambientados no samaín nos que se propoñen unha serie de retos para lograr fuxir.

Con todo, a gran celebración será na tarde do luns na Alameda de Talo Río. A partir das 16:15 desenvolverase o “Baile feiticeiro” un obradoiro de animación musical no que o público participará na confección dunha pócema musical na que se engadirán ingredientes con pasos e ritmos que darán lugar a un gran baile co que desfacer o feitizo do Samain en Soutomaior. Tamén poderán achegarse a un pasadizo do terror a partir das 17:30 horas con moitas sorpresas terroríficas e as 19.30 os “Camiñantes brancos” ofrecerán animación de rúa con batukada e a pirotecnia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará