Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A petición dunha pista regulamentaria de atletismo para Redondela suma máis de mil sinaturas

car

O Club de Atletismo de Rredondela, CAR, celebraba na tarde deste xoves un adestramento reivindicativo na Alameda Castelao. O obxectivo é dar a coñecer a precariedade na que están a adestrar “ao carecer dunhas instalación acordes con esta disciplina deportiva” e esixir ao Concello que renuncie ao proxecto previsto para as instalacións do Illa de San Simón e busquen unha alternativa que dote ao concello dunhas pistas regulamentarias.

Malia o compromiso adquirido polo concello para a construción dunha pista nas instalacións do instituto Illa de San Simón, obra que xa contaría con dotación económica, os integrantes do Club de Atletismo entenden que dito proxecto non sería o máis axeitado ao carecer das medidas regulamentarias, non ter zona de saltos nin de lanzamentos e non poder utilizarse en horas lectivas. Carecería tamén de vestiarios e de almacén para material. 

Para buscar unha solución as súas demandas reuníronse a semana pasada cos responsables municipais e teñen previsto manter unha nova reunión en breve.

En todo caso, continúan coas súas reivindicacións, a través da recollida de sinaturas en change.org, onde xa sumaron 594 sinaturas. A estas hai que engadir as máis de 500 que se achegaron na tarde de onte ao adestramento reivindicativo da Alameda e que tamén asinaron e petición do club.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará