Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O taichí chega ás parroquias

taichi

A actividade, impulsada pola Concellería de Personas Maiores do Concello, conta con 230 persoas inscritas. As clases xa arrancaron en Redondela, Chapela, Reboreda, Cabeiro e O Viso. As persoas que aínda queiran apuntarse poden facelo no rexistro do concello ou a través da sede eletrónica da páxina web.

A actividade desenvólvese no pavillón de “A Marisma” en Redondela en distintos horarios os martes e os xoves, no pavillón de Chapela e no Circulo Cultural de Chapela os luns e venres. Esténdese tamén ás culturais de Cabeiro os mércores, en Reboreda os luns e os venres e no Viso (Saramagoso) os martes e xoves.

Este ano aumentou a participación un 20% pero aínda quedan prazas para apuntarse, algo que dende o Concello consideran un logro importante .“Decidimos continuar con esta actividade un ano máis grazas a súa popularidade. O obxectivo é que as persoas maiores melloren a súa calidade de vida”, afirma a alcaldesa Digna Rivas quen considera que “actividades como esta deben chegar ao maior número de parroquias posible”.

Está comprobado que a práctica do taichi, a pesar de ser de movementos lentos e pausados, axudan a mellorar a forza muscular ademais de mellorar o andar e aliviar as dores de persoas que padezan doenzas crónicas como a artrite. Tamén beneficia a osixenación cerebral e a memoria e mellora notablemente os niveis de hipertensión arteria

A práctica do Taichi realizase de pe. Os brazos úsanse para realizar movementos que van dende simples a complexos e nos que se traballan as articulacións, o que as fortalece, osixena e tonifica. Amais os seus movementos melloran e fortalecen os sistemas cardiovascular e respiratorio. Axudan a diminuír a frecuencia cardíaca pero, ao mesmo tempo, melloran a circulación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará