Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama melloras nas infraestruturas e servizos do barrio de Moreira

DCIM

Saneamento, maior accesibilidade, retirada de maleza e o arranxo do parque infantil do barrio está incluídas na moción que o grupo municipal do BNG de Soutomaior presentou esta semana no concello. Esta moción chega despois de que o portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo, mantivese unha xuntanza coa veciñanza do barrio, na que puxo en consenso a batería de medidas propostas pola formación nacionalista.

Entre as melloras que o BNG de Soutomaior considera imprescindíbeis para Moreira, destaca a proposta de iniciar os estudos precisos para dotar de saneamento a totalidade do barrio. Ademais, o grupo municipal pide ao Concello que estude e contacte coas persoas afectadas polos problemas nas estradas de acceso a Moreira, co obxectivo de “dotar dunha maior seguridade” estes puntos. O BNG tamén propón garantir unha maior accesibilidade dentro dos distintos lugares do barrio coa ampliación de camiños.

Por outra parte, a batería de medidas tamén recolle a retirada de arbores, arbustos e refugallos que “colapsan as beiravías” de Moreira, tanto nos accesos como nas distintas estradas do barrio; a execución de melloras e reposición do firme da estrada que conecta o núcleo de Moreira co da Pena; a colocación de illas completas de colectores para reciclaxe. Finalmente, Lourenzo propuxo que se comece, canto antes, co arranxo do parque infantil do barrio, así como a súa dotación con novos xogos para os máis pequenos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará