Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos busca a mediación da Xunta para reabrir o tráfico pesado por Redondela

camións

“Solicitamos ao concello de Redondela que sexa solidario e que reabra o paso de camións unha vez que xa remataron as obras na praza de Ponteareas” así o reclama o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés iglesias, quen insiste en que a día de hoxe non hai outra alternativa para o paso dos vehículos pesados que van ao polígono de Amoedo. Pensan ademais que non se está aplicando correctamente a normativa e que se prexudica a empresas de toda a comarca.

O Concello de Pazos de Borbén está decidido a loitar pola reapertura do tránsito de vehículos pesados polo centro de Redondela ante a negativa da súa alcaldesa “a chegar a ningún tipo de acordo”. Unha decisión que desde o consistorio pacense cualifican como “incomprensible” xa que “tamén prexudica a empresas e veciños do propio municipio de Redondela”.

O alcalde Andrés Iglesias adiantou que están a buscar todas as solucións e alternativas posibles para reverter unha situación que “afecta a empresas de toda a comarca”. Neste sentido apunta que se está a falar coa Consellería de Infraestruturas e con varios departamentos para saber se isto está ben feito e como se pode recorrer.

Por último, Iglesias quixo lembrar á súa homóloga redondelá que “as urbes poden ser todo o amables que queiran coas persoas, pero o que non poden facer é tomar decisións absurdas que destrúan o emprego desas mesmas persoas”.

Tamén explicou que se están realizando avances no proxecto de reforma da EP-2702 tras a reunión da pasada semana co Deputado provincial de Infrestructuras, Gregorio Agis. “Cando menos terán que permitir o paso do tráfico por Redondela mentres duren as obras de ampliación da estrada entre os Valos e Amoedo”.

Con todo, puntualizou que esta estrada provincial non está concibida para soportar o tráfico pesado. “Hai curvas polas que é imposible que circule un camión sen invadir o carril contrario”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará