Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Exhibición de papaventos en Cesantes e Arealonga para reivindicar o coidado da Saúde Mental

cometas

Unha iniciativa da Fundación Salma que se vai desenvolver en diferentes concellos de toda Galicia e a que se une tamén o Concello de Redondela. Será este domingo ás 12:00 horas tanto na Praia de Cesantes como en Chapela na de Arealonga. Unha exhibición de papaventos para dar visibilidade á importancia de coidar o benestar físico e mental.

O evento terá lugar o mesmo día e á mesma hora en todos os Concellos de Galicia que quixeran participar coa Fundación Salma. “A idea é crear unha rede para dar visibilidade, pero sobre todo crear unha conexión para arroupar a todas aquelas persoas que están sufrindo. Así o explican dende o concello que convidan a toda a veciñanza a participar como espectadores ou voando o seu papaventos.

De feito, xa confirmaron a presenza de diferentes escolas do municipio e asociacións como ANDAINA ( asociación sen ánimo de lucro creada por nais e pais de nenos e nenas con diversidade funcional en Redondela).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará