Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lenda reclama na rúa maior atención á saúde mental da mocidade

lenda

Unha de cada 7 persoas de entre 10 e 19 anos ten algún problema de saúde mental e 9 de cada 100 experimentou ideas de suicidio. Uns datos que amosan a necesidade urxente de atender á saúde mental dos nenos, nenas e da mocidade. A praza Alejandro Otero foi o espazo elixido por Lenda para reivindicar unha vez máis, nesta ocasión co gallo da conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental, a necesidade de dedicar máis medios e prestar máis atención aos problemas mentais, especialmente entre a poboación máis nova.

“Na área de Vigo hai un incremento nas consultas infanto xuvenil de psiquiatría” son datos que nos explica Maica Alvarez, psicóloga de Lenda quen condiciona este feito a dúas circunstancias, unha maior concienciación por parte da poboación e o feito de estar nun periodo especialmente complicado cando aínda estamos a ver as consecuencias da pandemia. Por ese motivo hoxe esta conmemoración contou co lema “Dalle like a saúde mental, polo dereito a crecer en benestar”.

Un empeoramento na saúde mental da mocidade que se traduce nun incremento notable na demanda de consultas de psiquiatría entre a poboación infantil e xuvenil. Unha demanda que non ten cabida nin no ámbito público nin tampouco no privado que se ven sobrepasados.

Reclamacións que se escoitaban no acto celebrado na mañá de hoxe no centro da vila: café con rosca para acompañar aos veciños e veciñas que se achegaron a praza Alejandro Otero no día mundial da saúde mental e no que os usuarios de Lenda presentaban tamén a súa revista.

Poñer o foco na necesidade de atender a saúde mental xa dende moi novos, lembrando que en moitos casos os problemas aparecen na adolescencia ou incluso antes, un de cada sete persoas mozas padece algún problema mental, a metade dos problemas aparecen antes dos 14 anos, un de cada catro mozos e mozas declara tomar psicofármacos e 9 de cada cen mozos experimentou ideas de suicidio continuamente ou con moita frecuencia. Así o explicaban no manifesto que leía un dos usuarios de Lenda, Benjamín Nogueira

Unha situación que alerta da necesidade de mobilizar recursos e promover unha maior colaboración entre os ámbitos educativos e sanitarios para unha perspectiva múltiple e integradora. Necesario humanizar as relacións interpersonais onde residen as claves dunha sociedade máis saudable.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará