Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Chapela por un delito de violencia de xénero

poli local

A agresión producíase na madrugada do domingo no domicilio que a parella comparte na parroquia, segundo denunciou a vítima. O home, de 56 anos de idade, foi detido e trasladado á Comisaría de Vigo. Hoxe está previsto que pase a disposición xudicial acusado dun delito de malos tratos.

Os feitos producíronse ao redor das dúas da madrugada do sábado para domingo, cando a filla da agredida chamou ao 112 para alertar da agresión contra a súa nai. Unha vez no lugar os axentes falaron coa vítima quen confirmou que o seu home chegar a casa bebido e que a empurrara tirándoa ao chan. Tamén manifestou que se non se trataría dun feito illado.

O agresor foi trasladado a comisaría e hoxe pasará a disposición xudicial, malia non querer a muller presentar denuncia contra el.

Accidente en Negros

Por outra banda os axente interviron tamén este domingo nun accidente que se producía no barrio de Fixón en Santo Estevo de Negros no que resultou ferido un ciclista. Foi o propio deportista quen chamou ao 112 tras sufrir unha aparatosa caída. Segundo el mesmo relatou estaba practicando enduro cando esvarou cunha pedra e colidiu contra unha árbore, o que lle provocou diferentes feridas e que se lle saíra do sitio a clavícula. Foi trasladado en ambulancia a un centro sanitario en Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará