Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Avanzan as obras no antigo conservatorio para a súa conversión na oficina de turismo

conservatorio

O Concello de Redondela continúa coas obras no antigo conservatorio, adxudicadas a empresa Impervelper. Unha vez rematadas o inmoble acollerá, entre outros servizos, a Oficina de Turismo un e espazos de usos múltiples e de exposición.

As obras, que contan cun orzamento de máis de 400.000 euros, inclúense nas liñas establecidas para a rehabilitación e mellora do patrimonio histórico e cultural e a creación de novos eventos culturais (Plan EDUSI 2020).

As obras arrancaron hai catro meses e servirán para dotar de diferentes servizos ao inmoble que antigamente albergaba as oficinas de servizos sociais. O andar inferior acollerá as dependencias para usos municipais como despachos e sala de reunión e contará cun acceso desde a plaza de Reveriano Soutullo. No andar superior, con acceso desde Isidoro Queimaliños, instalarase a oficina de turismo e un espazo polivalente e de exposicións.

O edificio contará cunha plataforma elevadora que garantirá a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida e con baños accesibles en ambas as plantas.

A actuación contempla a mellora da eficiencia enerxética, dispoñendo illamento térmico na cuberta e trasdosados de fachadas, reparando ou substituíndo carpinterías existentes deterioradas, incorporando iluminación Led tanto no interior como no exterior e procedendo á substitución de todas as redes de servizos e instalacións do inmoble.

A alcaldesa Digna Rivas, sinala que a través deste programa “estanse a poñer en marcha un conxunto de actuacións que recuperen e rehabiliten o patrimonio histórico de Redondela”, un patrimonio, recalca, “que corre un grave perigo de deterioro e, polo tanto de desaparición e que inclúe xacementos arqueolóxicos, casas históricas ou cemiterios de alto valor histórico e patrimonial”. Neste último caso subliña a alcaldesa a importancia da recuperación do Cemiterio de Eidos, “que permite facer un percorrido pola historia de Redondela e das persoas que contribuíron a que o municipio sexa hoxe o que é”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará