Hoxe é Sábado 11 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os clubs de lectura regresan ás Bibliotecas de Redondela

club lectura

Aberto o prazo para se inscribir nesta actividade que organizan as bibliotecas municipais baixo a dirección de Jerónimo Pomares. As reunión son mensuais e nas mesmas as persoas participantes comentan diferentes libros que previamente cada un deles leu de xeito individual.

A conversa varía dunha sesión a outra, pois xira arredor de aspectos moi variados: o estilo literario, a temática da obra, o pensamento do autor ou autora, amén das impresións persoais ou das emocións que o texto evoca nos lectores… todo ten cabida nestes clubs de lectura.

Este encontro e posta en común resulta moi enriquecedor, pois favorece que os participantes amplíen os seus puntos de vista, perciban detalles que se lles pasaran por alto, ou enfoquen os textos dun xeito diferente. Na conversa todos se enriquecen de todos.

As persoas participantes teñen que ter cumpridos os 18 anos, ter o carné de socias das Bibliotecas e inscribirse previamente nun dos clubs. En calquera caso, o carné das bibliotecas pode facerse no mesmo momento da inscrición.

Participar é de balde, e as bibliotecas, ademais, proporcionamos os libros para cada sesión.

As xuntanzas desenvólvense na biblioteca de Redondela o terceiro venres de cada mes e na de chapela o terceiro luns de cada mes.

Contacto e inscrición no 986-401-561 en Redondela e no 986-454-226 en Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará