Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ollada dos Cal, un libro de fotografías para percorrer o século XX

olladoscal

Un proxecto de investigación nacido da man de Alberte Román deu pé á publicación dun libro que levará por título “A ollada dos Cal. 100 anos de fotografía”. Unha escolma de preto de 150 imaxes que forman parte do arquivo desta saga de fotógrafos conformada por Saturno, Avelino, Félix e Mundo Cal. O libro publicarase en decembro e quen o desexe pode xa reservalo a través da web e tamén achegándose directamente a Cal3 na rúa Alfonso XII cun custe moi axustado de 25 euros.

Tres xeracións de fotógrafos que coa súa cámara foron recollendo imaxes que dan conta do século XX. Un arquivo no que atopamos as primeiras imaxes tomadas por Saturno Cal nos inicios do século pasado, pasando polas fotografías de Avelino Cal coloreadas a man, ata chegar a terceira xeración, Félix e Mundo Cal.

O obxectivo deste proxecto, tal e como eles mesmos explican “ é difundir o patrimonio fotográfico de 3 xeracións de fotógrafos da familia Cal, un arquivo que permite aos visitantes percorrer a historia local e galega”.

Mundo Cal fálanos dos inicios da súa familia na fotografía

Unha escolma das ducias de milleiros de arquivos que están en mans dos Cal e que foron seleccionadas baixo o criterio tanto de Alberte Román como dos propios fotógrafos “imaxes que buscan ilustrar as vidas descoñecidas de Saturno e Avelino así como dar unha visión conxunta do traballo realizado dende Cal-3 na segunda parte do século XX”.

250 páxinas con textos que afondan na pegada desta saga de fotógrafos e que estará ilustrado por unhas 150 fotografías que percorren todo o século pasado.

Para darlle maior repercusión a esta iniciativa puxeron en marcha unha campaña de crowdfunding que busca sufragar parte da publicación. Así, quen o desexe pode reservar o libro xa a día de hoxe a través da web e tamén achegándose directamente a Cal3 na rúa Alfonso XII cun custe moi axustado de 25 euros.

Campaña de crowdfunding

Imaxes que servirán para lembrar o noso pasado e para deternos, pousar a vista e repasar as lembranzas dos Cal e tamén, en gran medida, de toda unha vila que se verá reflectida nesta publicacións que verá a luz no mes de decembro “todo un agasallado de Nadal”.

Mundo Cal pasou polos micrófonos de Radio Redondela
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará