Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O plan de acción contra o cambio climático de Soutomaior recibe un informe favorable

soutomaior

O Concello de Soutomaior acaba de recibir o primeiro informe de seguimento do seu Plan de Acción contra o Cambio Climático cuxo obxectivo é reducir polo menos un 30% de consumo enerxético e o 40% de emisións de gases de efecto invernadoiro antes de 2030

 Un proxecto iniciado coa adhesión do municipio á iniciativa europea do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía e que agora referenda os importantes avances levados a cabo no municipio en favor da eficiencia enerxética e a redución de emisións.

Así, segundo indica o informe, dentro do Plan de Acción de Soutomaior producíronse importantes avances en 12 dos indicadores establecidos pola iniciativa, entre os que se atopan a renovación de vehículos da frota municipal por outros menos contaminantes, a redución e promoción da reciclaxe e a compostaxe individual ou a promoción da enerxía renovable nos edificios municipais.

Do mesmo xeito, recóllese o traballo realizado en materia de redución do consumo eléctrico grazas aos plans de renovación da iluminación pública por lámpadas de tecnoloxía LED e a promoción da utilización de vehículos e medios de transporte sustentables, dentro da cal se inclúe a instalación puntos de carga para vehículos eléctricos.

Ademais dos indicadores propios do programa europeo, o Concello de Soutomaior inclúe catro novas medidas destinadas a controlar a adaptación ao cambio climático e a loitar contra a pobreza enerxética. Estas catro medidas están enfocadas á prevención dos incendios forestais, a realización dunha auditoria das redes de abastecemento e saneamento municipal, a recollida separada de biorresiduos para a elaboración de compostaxe e, por último, evitar as situacións de pobreza enerxética nas familias vulnerables do municipio.

O pacto mundial dos alcaldes aproveita a experiencia obtida durante os últimos 8 anos en Europa e nas rexións circundantes e desenvolve os factores crave do éxito da iniciativa. Actualmente pertencen a este pacto que loita contra o cambio climático máis de 7.000 autoridades locais e rexionais de 57 países.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará