Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito FS, un club que medra como unha gran familia

CampitoNenos

O club de Chapela experimentou moitos cambios nos últimos tempos. José Manuel Cardoso, que asumiu o cargo de presidente hai un ano, salienta que a canteira e os nenos e nenas “é o que nos move”. Contan con 90 fichas esta temporada, e agardan que poidan chegar ata un cento de xogadores e xogadoras ata o mes de decembro, cando pechan a inscrición. Para Cardoso é fundamental o traballo coa canteira e ofrecer á mocidade a oportunidade de practicar o deporte o fútbol sala “onde aprenden valores e compañeirismo”.

José Manuel Cardoso, presidente do Chapela FS

Este ano estrean por primeira vez a categoría “Biberón” grazas a un convenio co Chapela CF. Compartirán así co club de fútbol da parroquia parte dos seus horarios de adestramento no pavillón González Soto e farán descontos aos xogadores que teñan ficha nas dúas entidades.

Un convenio co Chapela CF permitiralles contar este ano por primeira vez coa categoría “Biberón”

Desde o Campito FS traballan tamén cos colexios da parroquia, ofertando a actividade extraescolar de fútbol sala e coa participación de moitos nenos e nenas. No club confían en que unha vez se “enganchen” a este deporte pasen a formar parte da canteira do Campito.

O Campito ofrece tamén fútbol sala como actividade extraescolar nos colexios de Chapela

Este ano na categoría feminina contarán con equipo sénior, e nas categorías inferiores terán algúns equipos mixtos. Pola súa parte, o equipo de máxima categoría masculino milita este ano en Preferente, logo do descenso de Terceira da pasada campaña, na que baixaron un total de cinco equipos por mor dos arrastres.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará